Evento: Normas para saber vivir nunha sociedade moderna

venres, 17 novembro, 2017 - 20:30
Teatro Rosalía Castro
, A Coruña

Normas para saber vivir nunha sociedade moderna

Espectáculo da compañía Sarabela Teatro

Baixo a forma dun divertimento irónico escóndese a crítica feroz a unha sociedade que, coas súas normas e a súa hipocresía, fai imposible a sinceridade. O autor contemporáneo máis representado en Francia escribiu en 1993 esta crítica a unha sociedade chea de regulamentos. Para iso, partiu dun coñecido manual de boas maneiras escrito no século XIX pola inexistente Baronesa Staffe (a autora era en realidade unha señora da alta burguesía francesa de provincias). Lagarce suscita un texto irónico, cómico e en aparencia lixeiro sobre as regras que gobernan o saber vivir na sociedade, cos seus sensentidos e hipocresías, para finalmente poñer en ridículo os nosos convencementosmodernos.

Neste texto adaptado a cinco voces, e música en escena, tratarase de explicar e buscar as palabras para describir a vida e as súas leis; todas as súas accións céntranse en intentard escribir,coa maior precisión,o xeito de controlar as nosas vidas. E así a linguaxe, coas súas estruturas e normas, declárase como a metáfora máis potente de todas as regras que nos demos para vivir civilizadamente.

Espectáculo integrado na Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Manawee ou a dobre naturaleza feminina Ilustración para conto de Clarissa Pinkola
Manawee
21 de novembro, 12:00
Teatro Principal da Estrada
Helena, xuízo a unha lurpia
23 de novembro, 20:15
Edificio Multiúsos
Calypso
24 de novembro, 20:30
Teatro Principal de Pontevedra
Helena, xuízo a unha lurpia
24 de novembro, 21:00
Auditorio Municipal