Evento: Normas para saber vivir nunha sociedade moderna

sábado, 20 outubro, 2018 - 19:30
Sala Bahía de Foz
, Foz

Normas para saber vivir nunha sociedade moderna

Espectáculo da compañía Sarabela Teatro

Baixo a forma dun divertimento irónico escóndese a crítica feroz a unha sociedade que, coas súas normas e a súa hipocrisía, fai imposible a sinceridade. Jean-Luc Lagarce escribiu en 1993 esta crítica a unha sociedade chea de regulamentos. Para iso, partiu dun coñecido manual de boas maneiras escrito no século XIX pola inexistente Baronesa Staffe (a autora era en realidade unha señora da alta burguesía francesa de provincias). Lagarce suscita un texto irónico, cómico e en aparencia lixeiro sobre as regras que gobernan o saber vivir na sociedade, cos seus sensentidos e hipocrisías, para finalmente poñer en ridículo os convencementos modernos.

Neste texto adaptado a cinco voces, e música en escena, tratarase de explicar e buscar as palabras para describir a vida e as súas leis; todas as súas accións céntranse en intentar describir, coa maior precisión, o xeito de controlar as vidas das persoas. E así a linguaxe, coas súas estruturas e normas, declárase como a metáfora máis potente de todas as regras que foron dadas para vivir civilizadamente.

Espectáculo integrado na Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Concerto singular
19 de outubro, 18:00
Casa da Cultura do Milladoiro
Dúas donas que bailan
19 de outubro, 20:30
Pazo da Cultura de Narón
A leituga
19 de outubro, 21:00
Auditorio Municipal de Vigo
Cranios privilexiados... ou crítica da razón perralleira
19 de outubro, 21:00
Casa da Cultura de Bertamiráns