Evento: Son galego, son cubano
Son galego, son cubano
Son galego, son cubano
Concerto homenaxe a Xosé Neira Vilas
O xoven e talentoso músico galego Roi Casal (arpista, compositor, cantante e director) foi premiado en 2014 na Habana co premio internacional Cubadisco. Alí ofreceu un memorable concerto no Palacio Nacional de Bellas Artes. Vencellouse ó mundo galego-cubano, e tomou contacto con institucións culturais e con personalidades da cultura. Camiñou, conversou, observou e quedou namorado da capital habaneira e do xeito de ser daquel pobo, alegre, cordial, solidario. Mantivo contactos moi frutíferos con músicos cubanos e en Cuba presenta un concerto coa estrea destes cantos galego-cubanos.
Ligazóns