Evento: Cranios privilexiados... ou crítica da razón perralleira

venres, 19 xaneiro, 2018 - 21:00
Teatro municipal Lauro Olmo
, O Barco de Valdeorras

Cranios privilexiados... ou crítica da razón perralleira

Espectáculo teatral de Mofa & Befa (Prodrucións Teatrais Excéntricas)

 

  • Evaristo Calvo

    Víctor Mosqueira

 

O argumento preséntanos a Mofa e Befa nun momento de crise existencial que deciden superar comendo, como manda a tradición perralleira. Para iso organizan unha merenda de resonancias platónicas debaixo dunha ponte, onde a alianza entre a desesperación e a sobriedade dos alimentos, provoca un febril momento de ascetismo. As alucinacións sucédense, e a obrigada reflexión sobre o absurdo da existencia, o confuso devir do mundo ou a natureza ferinte do amor, vese salpicada pola aparición de filósofos, seres mitolóxicos, antigas personaxes do propio repertorio, e outras presenzas enigmáticas máis ou menos actuais, que acompañan e comprometen a tentativa desesperada de Mofa e Befa por aprender a pensar, para pensar no que facer.

 

Tal vez nesta sucesión vertixinosa de situacións e personaxes, reducido o diálogo filosófico a maltratada comparsa da vontade cómica, as grandes preguntas queden sen resposta, tal vez os límites da razón perralleira sexan tan estreitos que esta apenas sexa quen de comprender minimamente a realidade. Con todo, a intención, é só entreter ao público, mesmo coas filigranas e peripecias do pensamento abstracto, e mesmo que iso aboque ao fracaso máis estrepitoso. Aceptar o fracaso, non é só a secreta ambición da filosofía como a premisa de vida de todo pallaso. E diso é do que se trata.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contos para un mundo mellor
18 de xullo
Biblioteca Pública Municipal de Abegondo
Malo Será
Malo Será
19 de xullo
Centro Ágora
A casa do terror
20 de xullo
Casa da Cultura
Peter Pan
Peter Pan
20 de xullo
Teatro Afundación Vigo