Evento: A cabeza do dragón

  •  A cabeza do dragón
venres, 6 outubro, 2017 - 18:30
Auditorio Municipal Cine Alovi
, As Pontes de García Rodríguez
Producións Teatrais Excéntricas
  • María Costas

    Víctor Mosqueira

    Iván Marcos

    Patricia Vázquez

    Josito Porto

    Yelena Molina

    Marcos Orsi

    Quico Cadaval

 

"A cabeza do Dragón” foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha coleción de farsas que, titulou, irónicamente, “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”. A historia conta, mais unha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamen na nosa, a cultura europea.

 

Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido o rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor ao monstruo se queren salvar as vidas e as facendas do reino. Mascarado para ocultar a súa identidade, Verdemar mata o Dragón coa espada máxica e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do monstro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino. Ela rexeita o impostor, e aqui é onde traballa o Duende, que leva toda a historia a cuidar do príncipe en pago dunha antiga débeda: a libertade.

 

 

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Calypso
24 de novembro, 20:30
Teatro Principal de Pontevedra
Helena, xuízo a unha lurpia
24 de novembro, 21:00
Auditorio Municipal
A canción do elefante
25 de novembro, 19:00
Teatro Principal
Resaca
25 de novembro, 20:00
Pazo da Cultura de Narón