Evento: Non hai que ser unha casa para ter pantasmas
Non hai que ser unha casa para ter pantasmas
Prácido·domingo é unha compañía emerxente que ten como obxectivo principal profundar na linguaxe do corpo a partir da investigación nas técnicas interpretativas de adestramento físico ligadas ao Aikido, a danza contemporánea e ao teatro físico.
Non é necesario ser unha Habitación –
Pois o Cerebro ten Pasadizos – á marxe do
Espazo Material –
É máis seguro toparse a Medianoite
Cun Espíritu de fóra,
Que plantar cara ao que se leva dentro –
Ese Xélido Hóspede.
É máis seguro profanar as Lousas
Ao percorrer unha Abadía –
Que atoparse sen Armas a un mesmo –
En Lugar solitario –
O eu que vixía tralo eu –
Debería asustarnos moito máis –
Un Asasino oculto na nosa Casa
Non é tan terrorífico –
Toma o Corpo – un Revólver –
E pecha os Candados –
Ignorando a un espectro máis temible –
Ou Algo máis–
Máis eventos de tipo Espectáculo