Evento: Outono

venres, 8 decembro, 2017 - 20:30
Teatro Pastor Díaz
, Viveiro
Espectáculo a cargo da compañía Pistacatro Productora de Soños

Con motivo dos dez anos do nacemento de Pistacatro, a emblemática compañía de Novo Circo Galego dá o seu mortal máis arriscado: Outono, un novo espectáculo no que reúne a parte dos seus fundadores para celebrar o máis difícil aínda: facerse maior.

Outono é unha homenaxe aos pallasos clásicos, contada a través dunha compañía de clowns en plena crise. Un espello no que se miran os artistas e os seus personaxes, unha carpa caída onde se suceden as estacións. Outono é un espectáculo de teatro-circo con música en directo que nos relata a viaxe nostálxica de catro artistas ao seu pasado, unha celebración da amizade e dos fracasos, unha reivindicación de ser idiotas, unha ollada poética ao antigo oficio dos pallasos. Un reencontro chego de emocións, verdade e humor.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O conto da Azuzaina
17 de decembro, 12:00
Auditorio Municipal do Carballiño
Cancións para desafinar
17 de decembro, 18:00
Auditorio Municipal de Vigo
Vuelos
17 de decembro, 19:00
Auditorio Municipal de Ourense
A cincenta
22 de decembro, 12:00
Centro Cultural Avenida