Evento: Chuches a mil e un conto ao revés
Chuches a mil e un conto ao revés
Chuches a mil e un conto ao revés
Concerto de música para nenos e nenas
Eirín e Milucha son dous irmáns que cada noite traspasan os portóns do Mundo dos soños na nave do afable monstro Suitjar, co que vivirán un feixe de aventuras marabillosas. Un conto ao revés é a historia de cada un dos soños destes nenos, narrados por un ser próximo a eles. Estas aventuras falan de amizade, respecto á natureza, lecer saudable, a igualdade de xénero e o fantástico mundo das ensoñacións. Todo acontece a través dunha fantástica banda sonora composta de cancións de corte pop e rock. Para bailar, cantar e pasar unha velada xenial.
Ligazóns