Evento: Bicos con luvas
Bicos con luvas
Coanhadeira regresa cun novo disco: entraron no estudio de gravación onde gardaron nunha caixiña todas as pequenas e grandes ideas xurdidas ao longo dos últimos cinco anos. Bicos con luvas pretende sumarse en positivo á música feita en Galiza, sen prexuízos e facer bailable calquera lugar; ateigar do poder da percusión, de letras sorprendentes, de atmosferas sutís, de adornos do país e de anacos dos mundos de cada un dos compoñentes da formación e do camiño conxunto ata hoxe de Coanhadeira.
Por eses camiños, este grupo folk continua unha traxectoria musical que xa recolleu o recoñecemento do público e da crítica. Gañadora do concurso Nsaio no Camiño 2007 ou do folk Escenario Prau de Cantabria, Coanhadeira está considerado xa, mesmo antes de lanzar este novo traballo discográfico, como un grupo referente para o sector
Máis eventos de tipo Concerto