Evento: The Gift
The Gift
The Gift
Festas da Peregrina 2018
A banda portuguesa The Gift é unha das bandas máis famosas do seu país, onde os seus hits soan en todas as radios e son éxitos en vendas.
The Gift é unha banda formada en 1994 de pop-rock electrónico, caracterizada polo seu estilo experimental e innovador. Ao longo da súa traxectoria publicaron cinco discos e en 2005 recibiron o premio MTV ao mellor artista portugués.
No concerto a banda interpretará os temas do seu último disco Altar, producido por Brian Eno, coñecido por traballar con artistas como U2, Talking Heads ou David Bowie. A banda caracterízase por un show enérxico, divertido e sorprendente.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto