Evento: A praia dos afogados
A praia dos afogados
domingo, 20 agosto, 2017 - 22:00
Alameda (en caso de choiva, na Casa da Cultura),
Taboada A praia dos afogados
Cine ao aire libre
O ciclo de cine de verán Redecinema das secretarías xerais de Cultura e Política Lingüística e mais da Agadic para concellos da Rede de Dinamización Lingüística propón nesta súa segunda edición, entre outros, este thriller baseado na novela homónima do vigués Domingo Villar. Dirixido por Gerardo Herrero e protagonizado por Carmelo Gómez e Antonio Garrido, conta a historia de dous policías, Leo Caldas e Rafa Estévez, que investigan unha morte que resulta ser un asasinato, a pesar de que inicialmente semella un suicidio.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual