Evento: Maimiño e o espello máxico

  • Maimiño
Maimiño e o espello máxico
xoves, 17 agosto, 2017 - 22:00
Alameda Talo Río (en caso de choiva, no Multiúsos de Arcade),
Soutomaior

Maimiño e o espello máxico

Cine infantil ao aire libre

O ciclo de cine de verán Redecinema das secretarías xerais de Cultura e Política Lingüística e mais da AGADIC para concellos da Rede de Dinamización Lingüística propón nesta súa segunda edición, entre outros, o primeiro filme galego-cubano de animación, un proxecto realizado por Ficción Producións coa colaboración do ICAIC (Instituto Cubano da Arte e Industria Cinematográficos). A fita fai unha versión libre do conto infantil Polgariño adaptado por José Martí.

Conta a historia dun pequeno labrego que quere sacar a súa familia da pobreza. Unha praga de insectos que destrúen a colleita do campo no que vive e o encontro co Espello Máxico da Media Laranxa son os sucesos que o levarán á aventura. O Espello revélalle quen é a muller dos seus soños e anímao a ir á cidade xunto aos seus irmáns, Pablo e Pedro.

 

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Museos de cine
17 de abril a 5 de xuño
Museo de Belas Artes
Luces al atardecer
20 de abril
Filmoteca de Galicia
Perdición
23 de abril
Filmoteca de Galicia