Evento: Pendanga e oso
Pendanga e oso
Pendanga e oso
Cabaret lírico cheo de poesía, historias e cancións para o festival De Perto
Sinopse: Das aventuras ou desventuras amorosas de cada un e de cada unha, xorden paixóns desenfreadas, anos de martirio, cotas altas de felicidade, ansiedades varias, gozos e sombras.
Dese caldo de cultivo xorden tamén os poemas que aldaolado recitan neste espectáculo que levan ao Festival De Perto, poñéndolle moita música e moito humor ao amor máis romántico e ao amor máis miserable.
Dúas poetas no escenario co corazón aberto en canal e escarallándose. Iso é Pendanga e oso, unha fábula que conta e canta o peor e o mellor do currículo amoroso.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto