Evento: Tiberevi
Tiberevi
Tiberevi
Concertos da Cidade Vella Asociación Cultural Compostela
Este grupo entra dentro do ciclo de concertos de Cidade Vella, das Festas do Apóstolo de Santiago e actúan o xoves 20 a partir das 18:00 na Vía Sacra.
A banda fórmana dous irmáns, Beatriz e Xabier Branco, utilizan para as súas composicións un acordeón diatónico cada un. Grazas a este instrumento atopan novos sons que utilizan para crear un universo único e propio. Nas súas actuacións de música tradicional destacan as improvisacións.
A súa formación vén da man do compositor Pedro Pascual. Algunhas das súas cancións son Olas de alas, Mar de plástico e Mentres as baleas dormen.
Máis eventos de tipo Concerto