Evento: Danzas Ancestrais de San Roque do Hío

venres, 16 agosto, 2019 - 09:00
O Hío (Santo André)
, Cangas

Danzas Ancestrais de San Roque do Hío

Este baile tamén é denominado como a Danza dos Peregrinos

As Danzas Ancestrais de Cangas inclúen as danzas de San Cibrán de Aldán, San Roque do Hío e a danza e contradanza de Darbo. Estas tres resultan de especial orixinalidade entre as moitas que se contan na comarca do Morrazo.

 

Con varios séculos de historia, a Danza de San Roque celébrase diante do famoso cruceiro do Hío, labrado nunha soa peza. Interveñen unha vintena de homes, divididos en tres fileiras. Unha fileira asume o papel de damas e as outras dúas o de galáns. A particularidade da posta en escena é o vestiario dos bailaríns: mentres os galáns visten de branco, con sombreiro de feltro e garabata negra, as damas portan un curioso uniforme, moi similar á tradicional vestimenta dos que peregrinan a Compostela. De aí que o baile sexa denominado tamén Danza de Peregrinos.

 

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Virxe da Rocha
25 de agosto
Virxe da Rocha
Festa da mazá
6 de outubro
Negros
Festa do mar
21 de agosto a 25 de agosto
Combarro
Festa da Istoria en Ribadavia
30 de agosto a 31 de agosto
Ribadavia