Evento: Marco e Angela Ambrosini e Eva-Maria Rusche
Marco e Angela Ambrosini e Eva-Maria Rusche
Eva-Maria Rusche, clave
Angela Ambrosini, viola de chaves soprano
Marco Ambrosini, viola de chaves contralto
Grandes mestres como Uccellini, Frescobaldi ou Scheidemann, autores barrocos menos coñecidos como Ariosti, grounds de Dowland, e autores anónimos do 1600 integran un programa inaugural de Espazos Sonoros no que conviven músicas de compositores italianos, españois, centroeuropeos e ingleses, e no que terá presenza tamén a tradición escandinava, a través dun instrumento, a viola de chaves, que sobreviviu nas culturas nórdicas desde a Idade Media ata os nosos días.
Unha homenaxe á fantasía dos músicos dunha época, o Barroco, rica en invencións, experimentos e innovacións, da man de tres virtuosas personalidades: Marco Ambrosini, pioneiro na recuperación e renovador dos repertorios para a viola de chaves, instrumento tradicional escandinavo coñecido tamén como nyckelharpa; a talentosa e nova promesa Angela Ambrosini e a organista e clavecinista integrante do grupo Supernosus, Eva-Maria Rusche.
Os concertos de Espazos Sonoros son de balde e a entrada libre, ata completar a capacidade.
Máis eventos de tipo Concerto