Evento: XI Nigránjazz
XI Nigránjazz
XI Nigránjazz
Os mellores intérpretes do panorama do jazz galego
A onceava edición do festival Nigránjazz arrinca este ano cunha masterclass impartida por Rossy & Kanan Quartet. Durante esta fin de semana pasarán polo festival Virxilio da Silva e Abe Rábade, dous expoñentes do panoráma jazzístico de Galicia.
Ao longo do festival, os concertos e as jam sessions desenvolveranse en diferentes espazos de Nigrán, como son o Auditorio do Concello, o Paseo da Foz ou o Auditorio da Foz Miñor.
Como novidade, este ano o festival desenvólvese en paralelo ao evento Rilla na Rúa, un evento gastronómico que encherá o paseo de food trucks con diferentes propostas gastronómicas.
PROGRAMA COMPLETO
Venres 28 de xullo
- 12:00 horas: Masterclass con Rossy & Kanan Quarte
- 21:00 horas: Goçalo Leonardo Quartet
- 22:30 horas: Rossy & Kanan Quartet
- 00:00 horas: Jam Session con Carlos Gil Trío
Sábado 29 de xullo
- 19:30 horas: Sesión de swing con The Alley Stompers
- 21:00 horas: Abe Rábade e Virxilio da Silva: Homenaxe a Bill Evans e Jim Hall
- 22:30 horas: Kevin Hays New Day Trío
- 00:00 horas: Jam Session con Sunil López Trío
Ligazóns