Evento: Na procura do pasado

  • Exposición sobre a orixe e desenvolvemento da arqueoloxía en Ourense
  • Exposición sobre a orixe e desenvolvemento da arqueoloxía en Ourense
Na procura do pasado
mércores, 21 xuño, 2017 a domingo, 3 setembro, 2017
Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre,
Campo Lameiro

Na procura do pasado

Un achegamento a grandes protagonistas da arqueoloxía galega

Esta exposición pretende dar unha visión dos actores principais que impulsaron a práctica da arqueoloxía desde finais do século XIX ata os anos 70 do século XX na provincia de Ourense.

Destacan figuras como Marcelo Macías, Arturo Vázquez Nuñez, Manuel Díez Sanjurjo, Florentino López Cuevillas, Xaquín Lorenzo Fernández, Xesús Ferro Couselo, Xesús Taboada Chivite, Conde-Valvís, Rubén García Álvarez, Manuel Chamoso Lamas, Laureano Prieto, entre outros.

A exposición consta de fotografías destes persoeiros e de pezas arqueolóxicas directamente relacionadas coa súa actividade como o Guerreiro de Armeá, o Sedente de Xinzo, o Mosaico da Cigarrosa, etc.

Corresponsable desta mostra, o Museo Arqueolóxico de Ourense e a súa historia como institución está intimamente ligada coa investigación arqueolóxica desenvolvida ao longo dos anos na provincia de Ourense da que se da fe nesta exposición.

Responsables desta simbiose, entre outros, foron os membros da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense, que co seu traballo e dedicación, conseguiron crear o Museo ao tempo que impulsaron a actividade arqueolóxica na provincia.

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Serie Amarilla
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Arquivo Fotográfico Pacheco
1 de xaneiro
Casa das Artes