Evento: Camiño ao Gaiás 2017

  • Camiño ao Gaiás 2017
Camiño ao Gaiás 2017
xoves, 27 xullo, 2017 - 19:00
Cidade da Cultura de Galicia,
Santiago de Compostela

Camiño ao Gaiás 2017

Descubre o patrimonio de Compostela dunha forma saúdable

A Fundación USC Deportiva volve brindarnos este verán a posibilidade de descubrir o patrimonio de Compostela dunha forma saúdable. Será a través dos roteiros Camiño ao Gaiás, que conectará a zona vella da capital galega coa Cidade da Cultura. 
Tras percorrer rúas históricas, a andaina chegará ao complexo deseñado por Peter Eisenman a través de espazos naturais como o Bosque de Galicia ou o Parque do Lago. E como novidade desta edición, Camiño ao Gaiás proponnos unha ruta nocturna desde a praza central ata a Praza de Galicia, poñéndolle un final saúdable ao Atardecer no Gaiás.

+ info en inscricións en http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/camino-ao-gaias-2017

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Compostela (d)escrita
23 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal