Evento: Visitas Astronómicas 2017
Visitas Astronómicas 2017
Visitas Astronómicas 2017
O Gaiás convértese durante os sábados de verán un lugar único para observar o ceo
Descubre a maxia das estrelas e as noites de Compostela no complexo deseñado por Peter Eisenman. A través de telescopios e prismáticos, e seguindo as explicacións técnicas dos monitores do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, aprende a observar a lúa, os planetas, fenómenos curiosos como o das estrelas dobres, nebulosas… Unha outra forma de observar o ceo e de pasar unha noite distinta en familia.
Inscricións de balde en http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/visitas-astronomicas-2017
Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro