Evento: Lugrís, paredes soñadas

Lugrís, paredes soñadas
luns, 30 marzo, 2020 a martes, 30 xuño, 2020
Online,
A Coruña

Lugrís, paredes soñadas

Online

Visita virtual á exposición celebrada co gallo da restauración do mural "Vista de A Coruña 1669" pintado por Lugrís para decorar o banco Hispano-Suízo ubicado na rúa Real da Coruña. Ademais nesta exposición tamén se poderán visitar algunhas obras que nunca foron mostradas ao público, como o bosquexo que Lugrís fixo para a igrexa de San Pedro de Visma na Coruña, o óleo Stella Maris para a Confraría de Pontedeume e un mural para o Sanatorio Álvarez en Santiago de Compostela, entre outros.

Esta visita virtual enmárcase dentro de #AfundacionEnCasa, unha iniciativa de Afundación, con emisións en directo, novidades diarias, actualizacións permanentes e un fondo vivo integrado por máis de 300 recursos educativos, sociais, culturais, de acompañamento telemático e de voluntariado.

O obxectivo é o de seguir aprendendo e compartindo tempo cos teus sen saír da casa durante as medidas decretadas a causa do Covid-19.

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia
8 de novembro a 31 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura