Evento: Mounqup + Silvia Penide + Fee Reega

Mounqup + Silvia Penide + Fee Reega
sábado, 3 xuño, 2017 - 20:00
Nave 1839,
A Coruña

Mounqup + Silvia Penide + Fee Reega

Tres mulleres con propostas musicalmente suxestivas e diferenciadas

Cancións doces e oscuras, folk vaporoso cunha voz hipnótica. Está é Fee Reega, que naceu en Balingen no sur de Alemaña e pasou polas escenas musicais de Berlín e Madrid antes de mudarse a Asturias, onde actualmente reside. Publicou discos en alemán, inglés e castelán entre ellos dos LPs de estudio, “La Raptora” (2014) y “Sonambulancia” (2017).

A publicación no 2016 de “Todo pintado de plata” afianza a sólida traxectoria da compositora e intérprete coruñesa Silvia Penide. Emocións, carácter e sinceridade falando de historias das incertidumes humanas.

As persoas que escoitaron a Mounqup en directo coinciden en definila como a Bjork galega. So que Camille é francesa de nacemento e galega de adopción. Non vive en Islandia, vive na pequena e lonxana Saumede, no interior de Ourense. Loops e capas de voces, melodías e percusións que van entretecendo unha electrónica potente e xeitosa que se emparenta coas máis altas referencias do xénero. 

https://feereega.bandcamp.com/
https://soundcloud.com/silviapenide
https://soundcloud.com/mounqup

Portas 20:00 | Donativo suxerido para as bandas: de 5 a 10 € | A Nave 1839 é unha asociación cultural, e todas as súas actividades son exclusivas para persoas socias, máis información en www.nave1839.org

Máis eventos de tipo Concerto

Ecoralia a lambona ecolóxica
20 de xullo
Praza Alcalde Rojo Losada
Maxicamente
20 de xullo
Recinto Feiral de Río
Concerto
20 de xullo
Carballeira de Parga
Maxicamente
20 de xullo
Praza Maior