Evento: Enrike Solinís & Euskal Barrokensemble

Enrike Solinís & Euskal Barrokensemble
mércores, 31 maio, 2017 - 20:30
Capela de Santa María,
Lugo

Enrike Solinís & Euskal Barrokensemble

Repertorio barroco

Miren Zeberio, violín barroco                                                       

Gabriel León, contrabaixo

Daniel Garay, percusión

Enrike Solinís, guitarra barroca, lavta e dirección artística

Enrike Solinís nace en Bilbao en 1974, e realiza os estudos superiores de guitarra e música antiga no Conservatorio J. C. Arriaga de Bilbao e na Escola Superior de Música de Catalunya, respectivamente. Obtén, así mesmo, o Posgraduado de Concertista Cum Laude das mans do mestre José Tomás, e foi premiado en numerosos concursos internacionais de guitarra tales como: Concurso Internacional de Comillas, Concurso Internacional Ataulfo Argenta, Concurso Internacional Andrés Segovia, entre outros. Sempre se sentiu atraído pola música de diferentes culturas, rexións e épocas, reflectindo esta diversidade na súa personalidade musical, que unida á súa capacidade técnica e expresiva fai que moitos o consideren un dos maiores e máis persoais virtuosos da súa xeración.

Durante máis de quince anos foi invitado como solista e continuísta en prestixiosas formacións musicais antigas como Hesperion XXI, Le Concert des Nations, Capella Reial de Catalunya dirixido por Jordi Savall, Concerto Vocale e Akademie für Alte Musik Berlin dirixido por René Jacobs, Le Concert D’Astrée dirixido por Emmanuelle Haïm, The Rare Fruits Council dirixido por Manfredo Kraemer, etc., percorrendo os escenarios máis significativos tanto en Europa como América: Carnegie Hall en Nova York, Konzerthaus Berlín, Champs Elysées en París, Theater an der Wien, Barbican Center en Londres, Sala Nezahualcoyoti en México, Festival Leo Brouwer na Habana, entre outros. En 2006 decide crear o seu propio grupo en Bilbao, Euskal Barrokensemble, e ir desenvolvendo as súas ideas e traxectoria persoal xunto con este grupo de músicos.

Os seus tres primeiros CDs servíronlle a Euskal Barrokensemble como trampolín para actuar nos teatros e festivais máis importantes: Viena Konzerthaus, Ludwigsburg Festival, Fontfroide Festival, Stockholm Early Music Festival, Spring Festival Prague, Bilboko Musika-Mísica, Quincena Musical en San Sebastián, Auditorio Nacional de Madrid, Brujas Konzertgebouw, Regensburg Festival, Montreal Baroque, Festival de Música Antigua de Sevilla, Flamenco Bïennale Nederland, NDR das Alte Werk, Fontfroide Abadía Festival, etc.

O grupo foi recentemente invitado a participar na película Jota do lendario Carlos Saura e agora participa no Festival Cidade de Lugo.

Máis eventos de tipo Concerto

Tributo a Fito y Fitipaldis
30 de marzo
Centro Cultural Avenida
Belén Aguilera
4 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5