Evento: O retrato da Sibila
O retrato da Sibila
A Asociación Cultural O Castro e a Revista Galega de Teatro presentan unha obra que homenaxea a figura de Maruja Mallo
A Fundación Laxeiro acolle unha lectura dramatizada da obra de Vanesa Sotelo O retrato da Sibila. Organizado pola Asociación Cultural O Castro e a Revista Galega de Teatro, esta lectura inscríbese dentro dos actos que celebran a figura de Maruja Mallo como figura homenaxeada polo Día das Artes Galegas deste ano 2017.
O retrato da Sibila é unha obra que recrea temas e motivos da vida e obra de Maruja Mallo e que foi escollida para participar en 365 women a year (365 mulleres ao ano) un proxecto internacional no que dramaturgas de todo o mundo recrean a vida de mulleres extraordinarias da historia. A obra, que será lida polas actrices Sonia Rúa, Merche Pérez, Mónica Sueiro e Rosa Puga, combina os elementos máis relevantes da obra da autora para ofrecer unha visión heterodoxa da figura de Maruja Mallo, na que se conxugan a rebeldía, a visión dunha nova feminidade e a suxeición aos avatares da Historia. O retrato da sibila amósase como unha confrontación dialéctica entre a creación e o devir histórico, entre o compromiso persoal e a solidariedade co colectivo. O retrato dunha artista enfrontada a unha sociedade en descomposición.
Máis información, aquí.
Máis eventos de tipo Espectáculo