Evento: Gala de inauguración do festival S(8)

Gala de inauguración do festival S(8)
venres, 26 maio, 2017 - 20:30
Palacio da Ópera,
A Coruña

Gala de inauguración do festival S(8)

Fausto, de Murnau, sonorizada en directo pola Sinfónica de Galicia

'Fausto', a que fora a última película feita en Alemaña de F.W. Murnau, na súa versión restaurada por Luciano Berriatúa, será a obra mestra do cinema mudo que este ano inaugurará o (S8). Sonorizada en directo pola Orquestra Sinfónica de Galicia, que en 2017 celebra os seus 25 anos.

Un aniversario significativo, como o é para o (S8) alcanzar ese número 8 que leva o seu nome, en honra ás películas de pequeno formato. A OSG contará nesta ocasión coa dirección de José Ramón Encinar e coas intervencións da soprano Ilduara Perianes e a mezzosoprano María Rivera.

A partitura que inte..rpretará a Orquestra é a composta polo zaragozano Jesús Torres, galardoado co Premio Nacional de Música en 2012, e cuxos traballos percorreron as máis prestixiosas institucións e festivais do mundo. Máis información: http://www.facebook.com/events/1830220060630937/?fref=ts

Máis eventos de tipo Concerto

Cores Contos e Rock´n´Roll coa Ramona Pequena
19 de abril
Casa da Cultura Pintor Lloréns
Iseo & Dodosound
19 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Suma¹¹ VVV [Trippin' you]
19 de abril
Rúa de San Lourenzo, 51-53
Candlelight: Tributo a Coldplay
20 de abril
Campillo de San Francisco, 3