Evento: Estamos no verán!!!

  • Estamos no verán
Estamos no verán!!!
sábado, 10 setembro, 2022 - 19:30
Esplanada ao lado da Casa do Concello de Rois,
Rois

Estamos no verán!!!

Espectáculo a cargo de Xoan Curiel e banda con danza e música en directo

Xoán Curiel e a Banda do Verán presentan un espectáculo moi completo con música en directo, danza e elementos teatrais e de clown.

Este é un espectáculo que se caracteriza por facilitar a participación activa e constante do público asistente e por contar cunha banda de sobrada experiencia en proxectos infantís e xuvenís (batería-percusión, guitarra, teclados, ukelele, baixo eléctrico, dous cantantes-narradores e unha bailarina en escea) que nos trae cancións moi divertidas e tamén entrañables; unha viaxe musical dende que soa derradeiro timbre do cole en Xuño ata o primeiro de Setembro. 

O espectáculo nace dun disco-libro editado pola editorial GALAXIA que nos narra as aventuras duns rapaces que na época estival, atopan unha creativa maneira de pasar o tempo formando un grupo musical. 

Estamos no verán!!! foi nomeado no 2013 a Mellor Album en Lingua Galega nos Premios de la Música Independiente. 

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Brinca Vai! (De aquí a acolá)
27 de novembro, 18:00
Auditorio Manuel María - O Carballiño - Ourense