Evento: Martes de Carnaval

sábado, 20 maio, 2017 - 20:30
Teatro Principal de Ourense
, Ourense

Martes de Carnaval

O CDG regresa a Santiago con 15 funcións deste Valle-Inclán en galego

O Centro Dramático Galego (CDG) rematou a xira con Martes de Carnaval e volve a Santiago de Compostela con 15 funcións da que supón a primeira posta en escena en galego das pezas de Ramón María del Valle-Inclán ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’.

Con esta montaxe, a compañía pública galega contribúe á incorporación do gran autor arousán ao repertorio teatral en galego no ano en que quedaron liberados os dereitos da súa obra.

A súa directora artística é a creadora pontevedresa Marta Pazos, quen traballa co elenco de 10 intérpretes que foron elixidos para encarnar os máis de 30 personaxes: Iria Azevedo, Mercedes Castro, Anabell Gago, María Roja, César Cambeiro, Miquel Insua, Alejandro Jato, Pablo Rivero Madriñán, Machi Salgado e Sergio Zearreta.

Máis información sobre Martes de Carnaval: http://centrodramatico.xunta.gal/cdg/centro/obra.php?id=cdg_obra9054&lg=gal

Máis eventos de tipo Espectáculo

Cartel de Menú da noite
Menú da noite - Carlos Blanco e Luis Davila
16 de setembro
Teatro Afundación Vigo
Más difícil todavía
Goyo Jiménez: Más difícil todavía
21 de setembro
Auditorio Sede Afundación
Más difícil todavía
Goyo Jiménez: Más difícil todavía
23 de setembro a 24 de setembro
Teatro Afundación Vigo