Evento: Rosa Cedrón

Rosa Cedrón
venres, 11 agosto, 2017 - 22:30
Praza de España,
Monforte de Lemos

Rosa Cedrón

Concerto presentación do seu último disco Entre dous mares

O amor nas súas diferentes formas convértese en temática recurrente de “Entre dous mares”. Dende a pureza do afecto universal e sincero de “Máis amor” ata o arraigo transformado en dor de “Arde el mar” pasando polas reminiscencias das cantigas de amigo no “Romance de Mirabella”.

A realización dos anhelos personais como reafirmación do ser, en “Tus sueños”, a necesidade da liberdade de expresión de “Se nos deixan”, a proclamación da beleza da tan ás veces indeseada soidade de “Soledad”, a felicidade da tolada de “Valse da tola” ou unha nova visión do xa clásico canto á nai luna “Miña nai lúa” como fonte de inspiración, completan as aguas de “Entre dous mares”.

Actuación dentro do ciclo de programación Cultura no Camiño.

Máis eventos de tipo Concerto

Cores Contos e Rock´n´Roll coa Ramona Pequena
19 de abril
Casa da Cultura Pintor Lloréns
Iseo & Dodosound
19 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Suma¹¹ VVV [Trippin' you]
19 de abril
Rúa de San Lourenzo, 51-53
Candlelight: Tributo a Coldplay
20 de abril
Campillo de San Francisco, 3