Evento: O gaiteiro bucólico

O gaiteiro bucólico
sábado, 19 agosto, 2017 - 18:30
Alameda,
A Fonsagrada

O gaiteiro bucólico

Espectáculo de teatro musical e interactivo, dirixido pola cía. Yázabro

O espectáculo Concerto bucólico conta a historia de Pedro, o tátaraneto do Gaiteiro Bucólico, quen herdou un montón de instrumentos, partituras, e trebellos aos que decide sacar o polvo e facer soar de novo. Agora Pedro vestindo o vello chaqué e o sombreiro de copa do seu antepasado, narra a historia deste, facendo unha viaxe sonora dende que era un neno de aldea que facía as suas primeiras frautas con pallas e herbas, ata que se convertiu nun musicólogo moi importante e de moita sona.
Así Pedro, ao tempo que vai contando as etapas da vida do seu tataraavó, vai explicando os seus descubrimentos musicais e vai amosando as peculiariedades sonoras de cada un dos instrumentos que herdou.
Trátase dun concerto didáctico, no que se fai unha ampla exposición de instrumentos musicais tradicionais, algúns tipicos como a gaita, a zanfona ou a pandeireta, e outros máis ancestrais como a frauta de palla de centeo, o mexacán, a tarabela, o corno de vaca, ou o latón de pimentón.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Unha de piratas
22 de abril
Biblioteca Central Emilia Pardo Bazán
Cueiros de cores
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Ponteceso
Ondamini con Mamá Cabra
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal das Pontes de García Rodríguez
O traxe novo do rei
24 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Baiona