Evento: Familia? Non grazas
Familia? Non grazas
Familia? Non grazas
Espectáculo teatral de Pedro Brandariz (DinamoTeatro)
Elenco: Pedro Brandariz Gómez
Familia? Non grazas é un espectáculo no que o monologuista, Pedro Brandariz, analiza dunha maneira cómica as relacións familiares que se dan entre as fillas e fillos e as nais e os pais, e tamén coas avoas e avós, as irmáns, os curmáns, a familia de lonxe, a familia de cerca … Todo esto dende un punto de vista humorístico e teatral que provocará as gargalladas do público.
Todas as persoas vivimos no seo dunha familia, máis grande ou máis pequena, polo cal a identificación coas historias que narra o "noso contador de historias" será total.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Espectáculo