Evento: Brinca Vai! 2.0

sábado, 20 maio, 2017 - 18:30
Casa da Cultura
, Sarria

Brinca Vai! 2.0

Espectáculo musical a cargo de Paco Nogueiras

Brinca Vai! 2.0 é un espectáculo musical e audiovisual baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!”,editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, imaxes, videos, animacións,

retransmisións en directo e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.

 

Nesta ocasión o músico e actor Paco Nogueiras e o artista audiovisual Xosé Miguel Sagüillo combinan a súa tecnoloxía, aparatos e instrumentos nunha divertidísima viaxe chea de humor, cores, imaxes, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samain, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe. Unha fantástica oportunidade de regalar os ollos e as orellas, brincar e pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música e a imaxe soan con forma de sorriso.

 

Brinca Vai! 2.0 convírtese nun espectáculo interactivo onde a música colle forma e a imaxe soa máis alegre . Brinca Vai! 2.0 viaxará alí onde alguén queira cantar, rir, bailar ou simplemente escoitar cos ollos, as mans e orellas ben abertas.

 

 

Máis eventos de tipo Concerto

We love Queen
We love Queen
21 de xaneiro
Sede Afundación de Pontevedra
Los Bengala
Los Bengala
21 de xaneiro
Clavicémbalo
Greasy Tree
Greasy Tree
23 de xaneiro
La Iguana Club
Greasy Tree
Greasy Tree
24 de xaneiro
Café Cultural Auriense