Evento: A Galiña Azul

A Galiña Azul
domingo, 14 maio, 2017 - 12:00
Casa da Cultura,
Neda

A Galiña Azul

Espectáculo de teatro infantil da compañía Os sete maginíficos + 1

Despois de máis de 100 representacións coas súas dúas anteriores pezas (A Historia de Brancaflor O Conto de Barriga Verde), o cómico Fran Rei presenta neste 2017 A Galiña Azul, un espectáculo creado a partir da popular obra infantil de Carlos Casares (Letras Galegas 2017), publicada en 1968, despois de gañar o 1º premio do Concurso nacional de Contos Infantís O Facho.

Na súa liña habitual, Fran Rei mestura narración, humor, maxia e monicreques para achegarlle ao público infantil e familiar o universo que Carlos Casares creara para que a pequena Ana “non esquecese nunca que é galega”. Ana era unha rapaza de sete anos que, como tantas outras daquela, marchara cos seus pais fóra de Galicia.

Ademais de compartir espazo con referencias doutras obras e da biografía do autor ourensán, neste espectáculo entrelázanse as cinco historias que compoñen A Galiña AzulO peixe da fonte do xardín, A bomba da felicidade, A galiña azul, A formiga esquiadora O final da historia da galiña azul. Cinco contos fantásticos nos que comparten protagonismo animais e homes con características peculiares e carácter entrañable.

De novo, Fran Rei ponse baixo a dirección da luguesa Tareixa Campos, e conta coa colaboración de Marga Portomeñe, que deseñou e elaborou para o espectáculo uns monicreques a partir das marabillosas ilustracións orixinais do libro, de Trichi, Ilda, Mima e Alberto García Alonso, fillos de Xohán Ledo (Ricardo García Suárez), o deseñador e portadista de Galaxia durante máis de trinta anos

Máis eventos de tipo Espectáculo

Unha de piratas
22 de abril
Biblioteca Central Emilia Pardo Bazán
Cueiros de cores
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Ponteceso
Ondamini con Mamá Cabra
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal das Pontes de García Rodríguez
O traxe novo do rei
24 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Baiona