Evento: Simbad e a serea
Simbad e a serea
Sinopse: Simbad retirouse do mar vendo a imposibilidade de seguir vivindo da pesca. Leva tempo pensando que facer e realizando no seu taller maquetas de barcos onde bota de menos o mar. Venadita, a súa veciña e amiga, é unha mariscadora que sae ao mar todos os días e tenta convencelo sen éxito.É unha muller disposta, forte e que non pensa renegar do seu medio de vida. A pesar da súa insistencia non conseguiu convencer ao seu veciño e amigo Simbad. Un día Venadita aparece no taller de Simbad convertida en serea. As pernas están pegadas unha á outra e o mar botóuselle enriba converténdoa nunha figura chea de algas, redes, boias, areas e cunchas. Ambos os dous pelexan por saír desa situación e , quizá, tentar volver ao mar onde habita a riqueza maior. En colaboración coa xente reparten tutos (canas, instrumento tradicional ) realizando unha chamada ao mar.
Máis eventos de tipo Espectáculo