Evento: Os monifates
Os monifates
Os monifates son un dúo cunha ampla experiencia musical, formado por un músico e un artesán de instrumentos tradicionais que se encarga da confección dos instrumentos utilizados nas actuacións. Nacen cunha filosofía de transmitir un son diverso e dinámico. Aínda que só se vexa un dúo, crease amplitude, grazas á variada instrumentación que se emprega: o eixo central está formado por gaita tradicional, bombo e zanfona, intercalando entre as melodías outros trebellos coma o pínfano, punteiros, gaita tumbal do século XIX, diversa instrumentación de percusión coma culleres, castañolas de peito, táboa de lavar.
Estas actuacións contan ademais cunha parella de bailaríns (títeres de táboa). En definitiva, Os Monifates ofrecen animación versátil en formato acústico. Non precisan equipo de son nin palco, e o seu espectáculo está encamiñado a animar pequenas prazas, feiras, ou calquera tipo de evento onde preste escoitar un pouco de música tradicional, nun formato orixinal.
Máis eventos de tipo Concerto