Evento: Código

domingo, 25 agosto, 2019 - 20:00
Praza do concello
, Castroverde
Espectáculo e maxia do mago Dani García

CÓDIGO: dise da combinación de letras, números ou caracteres que nos permiten formular e descifrar mensaxes que doutro xeito permanecerían ocultos. O código lingüístico posibilítanos a comunicación coas demais persoas. Pero… Que pasaría se perderamos ese código? Ou se nos atoparamos con persoas que usan outro diferente? Sería posible comunicarnos dalgún xeito?

 

Acabado de chegar dalgún lugar afastado, doutro tempo ou doutro modo de facer. Perdido no presente, no eiquí, no agora. Así está o noso viaxeiro, o noso coleccionista de linguas. Sempre na busca de novos amigos cos que engadir un código máis na súa maleta de camiñante. E o que empezou sendo unha petición de axuda, un intento por comprender un código máis, convértese nunha reflexión sobre a comunicación humana.

 

Código é un espectáculo de rúa, pensado para que persoas de calquera idade poidan participar e gozar. Unha hora de maxia inventiva e persoal na que seguro os aplausos estarán acompañados das risas e as bocas abertas.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Unha noite no muíño
22 de agosto, 12:00
Biblioteca Rosalía de Castro
De Vacas
23 de agosto, 22:00
Praza da Torre
A vida pasa voando
23 de agosto, 22:00
Centro cultural municipal
Camiño longo
24 de agosto, 17:00
Carballeira de Meixaboi