Evento: Íntimo, a viaxe da miña vida
Íntimo, a viaxe da miña vida
Íntimo é unha viaxe, seguramente iniciática, na procura da esencia da maxia. Alguén moi especial puxo no corazón do mago Teto, cando era un cativo, a semente da maxia, e a partires dese momento medrou nel un soño. O soño de ser mago. Para conseguir cumprir ese soño, o mago Teto tivo que estudiar, preparase, ensaiar e esforzarse moito, pero tamén tivo que viaxar. Viaxar polos lugares onde a historia da maxia foi deixando partes da súa esencia: Viena, París, Londres, Nova Delhi ou Tokio. En cada lugar onde o mago vai, descobre algo da esencia da maxia, pero non todo.
Deberá seguir buscando para facerse co máis esencial da maxia de todos os tempos. Pero, onde estará agora esa esencia? Seguro a descubre no seu percorrido polos concellos de Cultura no Camiño.
Esta programación pode sufrir modificaciones. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.
Máis eventos de tipo Espectáculo