Evento: Martes de Carnaval
Martes de Carnaval
O Centro Dramático Galego (CDG) estrea Martes de Carnaval, que supón a primeira posta en escena en galego das pezas de Ramón María del Valle-Inclán ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’.
Con esta montaxe, a compañía pública galega contribúe á incorporación do gran autor arousán ao repertorio teatral en galego no ano en que quedaron liberados os dereitos da súa obra.
A súa directora artística é a creadora pontevedresa Marta Pazos, quen traballa co elenco de 10 intérpretes que foron elixidos para encarnar os máis de 30 personaxes: Iria Azevedo, Mercedes Castro, Anabell Gago, María Roja, César Cambeiro, Miquel Insua, Alejandro Jato, Pablo Rivero Madriñán, Machi Salgado e Sergio Zearreta.
Máis información sobre Martes de Carnaval: http://centrodramatico.xunta.gal/cdg/centro/obra.php?id=cdg_obra9054&lg=gal
Máis eventos de tipo Espectáculo