Evento: Martes de Carnaval

Martes de Carnaval
venres, 21 abril, 2017 - 20:30
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

Martes de Carnaval

O CDG leva a escena por primeira vez en galego as pezas de Valle-Inclán As galas do defunto e A filla do capitán

O Centro Dramático Galego (CDG) estrea Martes de Carnaval, que supón a primeira posta en escena en galego das pezas de Ramón María del Valle-Inclán ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’.

Con esta montaxe, a compañía pública galega contribúe á incorporación do gran autor arousán ao repertorio teatral en galego no ano en que quedaron liberados os dereitos da súa obra.

A súa directora artística é a creadora pontevedresa Marta Pazos, quen traballa co elenco de 10 intérpretes que foron elixidos para encarnar os máis de 30 personaxes: Iria Azevedo, Mercedes Castro, Anabell Gago, María Roja, César Cambeiro, Miquel Insua, Alejandro Jato, Pablo Rivero Madriñán, Machi Salgado e Sergio Zearreta.

Máis información sobre Martes de Carnaval: http://centrodramatico.xunta.gal/cdg/centro/obra.php?id=cdg_obra9054&lg=gal

Máis eventos de tipo Espectáculo

Unha de piratas
22 de abril
Biblioteca Central Emilia Pardo Bazán
Cueiros de cores
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Ponteceso
Ondamini con Mamá Cabra
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal das Pontes de García Rodríguez
O traxe novo do rei
24 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Baiona