Evento: Fantasía dos sentidos
Fantasía dos sentidos
Fantasía dos sentidos
Fani Triana Ilusionista
Fani Triana ofrece un espectáculo de maxia no que propón unha viaxe fabulosa a través dos sentidos.
Ilusións con cordas, cadeiras, xornais, líquidos, ...mentalismo, participacións dos espectadores, humor e moito máis.
Trátase dun espectáculo cun guión cargado de situacións inesperadas e unha montaña de sorpresas imprevisibles. Un espectáculo para ollar e gozar.
Actuación dentro da programación de Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.
Máis eventos de tipo Espectáculo