Evento: Lavandeiras
Lavandeiras
Elenco artístico: Vero Rilo e Carlos Quintá
Un espectáculo cheo de amor, humor e emoción.
O oficio das lavandeiras forma parte do noso imaxinario colectivo. As mulleres á beira do río, de xeonllos, fregando a roupa tecen unha estampa que se repetiu ao longo da nosa historia. Ao seu redor, as lendas e os contos protagonizadas por este grupo de mulleres sucédense ao longo da nosa xeografía, tanto física como identitaria. Daboapipa recolle ese patrimonio oral, musícao, dálle forma e agasállallo ao público, descubríndolle os outros relatos ao redor dos lavadoiros.
Desde as máxicas e fantasmagóricas lavandeiras enchoupadas en sangue que xurdían da noite traendo malos presaxios até as cancións populares que compoñían de forma colectiva todas estas mulleres.
A voz de Vero Rilo e a música de Carlos Quintá enfían estas pezas da nosa historia nun espectáculo único, de diversión e coñecemento, propio para un público adulto con curiosidade polo noso devir como pobo.
Espectáculo de Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.
Máis eventos de tipo Espectáculo