Evento: Rosa Cedrón
Rosa Cedrón
Despois dun longo silencio tras a publicación de ‘Entre dous mares’, Rosa regresa con ‘Nada que perder’. Nel, experimenta cos límites da world music sin clichés nin estereotipos que a deteñan, logrando un disco cheo de luz onde as súas propias composicións son a mellor mostra da atmosfera personalísima que só Rosa pode chegar a crear.
As emocións humanas básicas (o amor no seu amplo espectro, o medo, a tristeza, a paixón) son a temática recurrente de “Nada que perder”, un disco que naceu das sombras para sumirse nun profundo proceso de investigación e experimentación e acabar converténdose nunha cartarse persoal cuxo resultado desembocou nun espectro musical indefinible.
Enlace para mercar as entradas: http://entradas.abanca.com/es/event/rosa-cedron/
Máis eventos de tipo Concerto