Evento: Lúa en Vila dos Libros

mércores, 22 agosto, 2018 - 12:00
Biblioteca Pública Municipal de Abegondo
, Abegondo

Lúa en Vila dos Libros

Pequenísimo musical para sementar o gusto pola lectura

Lúa en Vila dos Libros (pequenísimo musical), mestura o teatro e a música para plantar nos pequenos e pequenas a semente do gusto pola lectura.

Adapta o teatro musical a pequenos espazos (bibliotecas, casas da cultura, salóns de actos...) cunha historia que fala da importancia dos libros e os contos nas nosas vidas, e cancións que falan de vivir máxicas aventuras no noso día a día mergullándonos nos libros.

Espectáculo dentro do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Máis eventos do ciclo Ler conta moito

Contos Pop-Up
25 de setembro, 11:00
Biblioteca Pública Municipal López Cortón
Radio Bulebule
25 de setembro, 12:30
Biblioteca Pública Municipal de Vilar de Barrio
Avós
25 de setembro, 18:00
B.P.M. Riotorto
Orellas de Trapo
25 de setembro, 18:30
Biblioteca Pública Municipal Manuel María