Evento: Cidade Verde

  • Cidade Verde
sábado, 25 marzo, 2017 - 11:00
Cidade da Cultura de Galicia
, Santiago de Compostela

Cidade Verde

Música, deporte e obradoiros lúdicos nos espazos verdes do Gaiás para darlle a benvida á primavera

Música, deporte e obradoiros cos que descubrir a natureza dun xeito divertido. A Cidade da Cultura de Galicia celebra o vindeiro 25 de marzo a chegada da primavera cunha xornada na que gozar dos seus espazos verdes en familia: Cidade Verde. Coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Bosques (21 de marzo) e do Día Internacional da Auga (22 de marzo), o Gaiás, da man de Viaqua, pon en marcha un completo programa de actividades desde as 11 da mañá no que a diversión irá da man do fomento da conciencia ecolóxica, a sustentabilidade, a vida activa e o coidado do medio. 

Máis info e entradas: http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/cidade-verde

Máis eventos de tipo Festival

 Mar de Mares
Festival Mar de Mares
21 de setembro a 19 de novembro
A Coruña
Cineuropa31
#Cineuropa31
7 de novembro a 28 de novembro
Varios espazos
Parvo
Festiparvo
29 de decembro a 30 de decembro
La Iguana Club