Evento: Soño dunha noite de verán

Soño dunha noite de verán
domingo, 19 febreiro, 2017 - 19:00
Teatro Principal,
Rianxo

Soño dunha noite de verán

Estrea do novo traballo escénico da compañía Voadora

Elenco: Anäel Snoek; Andrea Quintana, Areta Bolado, Borja Fernández, Diego Anido, Hugo Torres, Janet Novas, José Díaz e Liza Suárez.

Sinopse:Demetrio e Lisandro queren a Hermia. Ela só ten ollos para Lisandro pero o pai dela só acepta a Demetrio. A súa amiga Helena ama a Demetrio pero este amor non é correspondido. Hermia e Lisandro acordan fuxir da cidade ao amparo da escuridade, pero son perseguidos por un enfurecido Demetrio que á súa vez é perseguido por unha extasiada Helena. No bosque, sen o coñecemento dos mortais, Oberón e Titania (rei e raíña das fadas) teñen unha disputa sobre un criado. A trama xira cando o súbdito de Oberón, Puck, corre solto cunha flor que fai que as persoas namoren do primeiro que vexan ao espertar.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Unha de piratas
22 de abril
Biblioteca Central Emilia Pardo Bazán
Cueiros de cores
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Ponteceso
Ondamini con Mamá Cabra
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal das Pontes de García Rodríguez
Os Mundos de Elisa
24 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Darbo