Evento: Legado Meruéndano

  • Presentación do Catálogo sobre o Legado Meruéndano no Museo Etnolóxico
venres, 17 febreiro, 2017 - 20:30
Museo Etnolóxico de Ribadavia
, Ribadavia

Legado Meruéndano

Presentación pública dunha nova publicación do Museo Etnolóxico

O Museo presenta a edición dun novo catálogo, nesta ocasión sobre o Depósito do legado Meruéndano. O catálogo está composto por un fondo bibliográfico e documental, constituído polo arquivo familiar dunha das liñaxes do Ribeiro, depositado no Museo Etnolóxico, para usufruto da sociedade, grazas á xenerosidade da familia. Amais dos inventarios bibliográfico, obra de Cristina Gayoso Diz, e documental, feito por Luciana Rodríguez Rodríguez, a obra contén textos de Xosé Carlos Sierra Rodríguez, Lolín Lira Pousa, Gabriel Quiroga Barro, Anxo Collarte, Luís Domínguez Castro e Emilio Carlos García Fernández.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Tek Fest 2017
25 de setembro a 30 de setembro
Pontevedra