Evento: Xogo de rol

sábado, 18 febreiro, 2017 - 11:00
Centro Galego de Arte Contemporánea
, Santiago de Compostela

Xogo de rol

Obradoiro familiar de experimentación artística de Cindy Sherman

Prazo de inscrición: Do 6 ao 17 de febreiro

Cindy Sherman explora e interpreta diversas identidades no seu traballo. Travístese e transfórmase en mil mulleres diferentes: do mundo do cine, da moda, da historia, da arte, da rúa… Asume múltiples roles sendo ela mesma autora, protagonista, maquilladora, estilista, fotógrafa e modelo. O seu rostro, o seu corpo e a súa personalidade desaparece tras diversosestereotipos e personaxes. Coma ela crearemos a partir do disfrace, damascarada, xogando e creando diversos álter ego.

CGAC presenta un novo ciclo de talleres de experimentación artística dirixidos a familias con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 9 anos. Os pequenos e pequenas poderán descubrir, crear e gozar en familia e achegarse xuntos ao fascinante universo da arte contemporánea. Nesta nova edición de Talleres para familas traballarase a relación que existe entre o corpo e arte contemporánea. Coñeceremos as miradas de cinco artistas arredor do corpo.

O corpo como modelo, como materia, como lenzo, como sombra, como ferramenta, como pegada... Analizarase ademais os roles que asumimos e o modo de actuar dunha sociedade globalizada que parece obsesionada por seguir canons estéticos vinculados ao corpo sen se deter a descubrir o máis extraordinariodas persoas: as súas diferenzas

Máis eventos de tipo Obradoiro

Tech STEAM
5 de xuño a 31 de xullo
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Arte e Natureza. Laboratorio de creación artística
5 de xuño a 31 de xullo
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Obradoiros de verán 2019
19 de xuño a 31 de agosto
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola