Evento: Os soños na gaiola

Os soños na gaiola
venres, 6 outubro, 2017 - 19:00
Sala Gurugú,
A Coruña

Os soños na gaiola

Espectáculo infantil de monicreques a cargo de Títeres Alakrán

Os soños na gaiola de Manuel María é unha obra de monicreques para público infantil e familiar que supón a homenaxe que Títeres Alakrán e o dramaturgo e director Roi Vidal lle queren facer ao poeta Manuel María, ao que en 2016 se lle dedicaron as Letras Galegas.

O espectáculo déixase levar polo influxo de Alicia no país das marabillas de Lewis Carrol para ofrecer unha mirada nova sobre os poemas do libro Os soños na gaiola co obxectivo de lles achegar aos máis cativos o mundo  rural da  infancia  do  poeta  chairego. 

Un  mundo  que  á  pequena  Alicia,  unha  nena  urbana  da actualidade, lle resulta extraño, mais que acabará comprendendo e amando.

Espectáculo dentro da programación da Rede galega de salas.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imbécil
31 de marzo
Sede Afundación A Coruña
Miguel Lago: Lago Comedy Club
31 de marzo
Auditorio Abanca - Preguntoiro
El Barbero de Sevilla
1 de abril
Pazo da Cultura de Narón
Ekilibuá
1 de abril
Sala Ártika