Evento: O ferro
Elenco: Gemma Ulloa e Nacho Martín
Dirección: Tatiana Likhavecha
Sinopse: Esta e a historia dun matrimonio que leva 14 anos xuntos. Luís é un administrativo que traballa nun banco. Rosa é unha ama de casa que comezou estudar administración de empresas, pero antes de rematar quedou embarazada e tivo que deixar a carreira. Ademais, durante os últimos cinco anos tivo que coidar da súa sogra, enferma de alzeimer.
Luís e Rosa Teñen unha filla, de quince anos estudando no estranxeiro, unha hipoteca e un coche. Marta está en Irlanda de intercambio durante o curso para aprender inglés. Falan cada tarde por Skype. Nada especial, todo como en calquera familia normal, en calquera cidade de España.
Pero hoxe, a vida de Rosa vai sufrir un revés e todo vai cambiar para sempre. Hoxe pásalle o ferro a un pantalón do seu marido, e atopa algo no peto: un papeliño “centrifugado” pola lavadora...
Que lle oculta a persoa coa que vive dende fai 14 años? Quen é agora esa persoa?
Rosa loita entre un terrible medo a enfrontarse á verdade e as fortes ganas de saber... pero cal poderá máis?
Toda unha historia de vida en clave de humor dentro do programa da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.