Evento: Ubú Rei
Elenco: Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo, Marta Rios, Rubén Prieto e David Creus.
Dirección: Roberto Salgueiro
Pai Ubu, impulsado pola súa ambiciosa muller Madre Ubú, asasina ao seu protector o Rei de Polonia, e a case toda a súa familia, pararoubarlle os seus Estados. Despois dun breve triunfo instaura un reinado de corrupción e despotismo levados ata o absurdo. Ubu Rei é unha obra imprescindible no teatro moderno pola súa permanente actualidade xa que é unha proposta cruel e traxicómica sobre os extremos da ruindade e da degradación do ser humano.
A súa relevancia radica no desconcerto que provoca, e na destrución de case todas as normas e tabús do teatro contemporáneo.
O seu protagonista, o innobre e grotesco Ubu, vai directo ao corazón da conciencia burguesa e aínda hoxe a escandaliza nas súas numerosas representacións e adaptacións.
Nesta versión, Roberto Salgueiro ve indispensable conservar o carácter metateatral do texto, así como traballar sobre as dúas ideas centrais do mesmo: poder e sexo.
Espectáculo dentro da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.