Evento: Deserto de centos

Deserto de centos
venres, 21 abril, 2017 - 22:00
Sala Sónar,
Santiago de Compostela

Deserto de centos

Concerto presentación do novo traballo de Sonia Lebedynski

Deserto de centos é unha viaxe iniciática de Sonia Lebedynsky cara a un horizonte múltiple, distinto do punto de partida.

 

"Asumo a responsabilidade de afrontar este traballo como un deserto nunca antes transitado e descoñecido para min ca madurez e a experiencia dos anos. Os meus pés transitan polos centos de areas que forman ese deserto…esas que me fixeron sentir texturas e temperaturas diversas, sensacións e experiencias intensas, lembranzas penduradas na miña memoria e que moldearon a muller que hoxe son. Conto por centos ás músicas escoitadas e cantadas, os proxectos, ás persoas que coñecín e descoñecín, os versos que lín e escribín, as horas de espera e de creación, os camiños de ida e volta, as vilas e cidades coñecidas e as que agardan, os libros e discos nos meus estantes e os que virán…son moitos os centos que forman parte do meu planeta imaxinario". Sonia Lebedynsky.

Actuación dentro do programa da Rede galega de música ao vivo. Confirmar datas e horas nos espazos onde se celebra.

 

 

Máis eventos de tipo Concerto

Candlelight: Tributo a Coldplay
20 de abril
Campillo de San Francisco, 3
Boyanka Kostova
20 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Freedonia
20 de abril
Rúa do Preguntoiro, 35